TONHITO DE POI O SORO DA VERDADE

Tonhito de Poi presentará na Coruña a súa experiencia “cósmica” na selva amazónica, convertida nun librodisco titulado ‘O soro da verade’


– O artista de Ribeira ofrecerá un concerto moi especial o vindeiro 18 de decembro no
Teatro Colón. No evento participará o chamán Ramón Peregrino

– As entradas, por 8 e 10 euros, xa están á venda nas taquillas do Teatro e do Concello e
por internet a través de Servinova.com
– Tonhito de Poi compaxina o seu traballo en solitario coa nova etapa de Heredeiros da
Crus, o emblemático grupo que fundou en Ribeira a principios dos 90
Xa o dicía a súa avoa, a Duquesa de Poi: “Coa mentira podes chegar a algún sitio, pero nunca volves del”.
Con esa premisa gravada a lume no corazón, hai oito meses Tonhito de Poi viaxou ao máis fondo da selva
amazónica, no Perú, para atoparse coa Verdade. A Verdade con maiúsculas. A que non se pode evitar.
Alí, na selva virxe da reserva do Purús, durante varias cerimonias iniciáticas e guiado polo chamán Ramón
Peregrino, Tonhito de Poi viviu unha viaxe “cósmica”, unha experiencia “persoal e intransferible” convertida
agora nun librodisco.
Titularase ‘O Soro da Verdade’ e presentarase en directo o vindeiro martes, 18 de decembro, no Teatro
Colón da Coruña, nun evento moi especial que irá máis aló dun simple concerto e no que participará o
propio Ramón Peregrino. A presentación de ‘O Soro da Verdade’ comezará ás 20:30 e as entradas, de 8
ou 10 euros, xa están á venda na taquilla do teatro e na da praza de Ourense, e por internet a través do
portal Servinova.com.

‘O soro da verdade’ está gravado a cabalo entre Galicia e a propia Amazonía, onde Tonhito de Poi puido
recoller algún dos sonidos máis fascinantes da selva, así como fragmentos das cerimonias nas que
participou, cánticos medicinais, etc.
Ademais das pezas musicais, que se poderían encadrar na música de meditación ou chill out, ‘O soro
da verdade’ tamén inclúe unha pista extra de vídeo con imaxes gravadas polo propio Tonhito de Poi na
selva. Ademais, o disco distribuirase xunto co diario que escribiu o de Ribeira durante a viaxe e que agora
convertiu nun libro ‘Diario da viaxe cósmica á Amazonía’. Tanto o disco como o libro poderanse mercar o
día da presentación.
Tonhito de Poi, un dos artistas máis polifacéticos e carismáticos de Galicia, compaxina este novo proxecto
persoal co seu papel dentro de Heredeiros da Crus, a emblemática banda de Ribeira que revolucionou
a música galega a principios dos anos 90 e que este ano celebrou o seu 20º aniversario cunha xira de
regreso.

Biografía – Só o amor é real
Tonhito de Poi é un home que soñou que era un Heredeiro da Crus cando estaba embarcado como
cociñeiro no Mar Antilles, un barco de arrastre da flota de Riveira. Tivo a sorte de xuntarse con
outros tolliños (Tuchiño, Avelino,O Jran fran e Javi) que tiveron o mesmo soño.
O primeiro ensaio dos Heredeiros da Crus foi nun galiñeiro en Poi no ano olímpico de 1992. O seu
1º debut foi na festa da Dorna. O primeiro disco, A cuadrilla de pepa a loba, sae un ano máis tarde
e conmociona o panorama musical. Despois seguiron 7 discos máis incluído o primeiro directo de
Rock en galego. Foron reclamados para tocar dende Londres ata N.Y. Os Heredeiros da Crus saen
nos libros de texto da educación primaria e da universitaria.
No ano do Prestige, Tonhito de Poi sinte a chamada á gran rebelión e embárcase nun proxecto galaicoportugues
que lle implica 3 anos de traballo. Nace A Banda de Poi e no seu disco MOR participan
algúns dos artistas máis vangardistas da terra lusa e galega. Mención especial ó desaparecido
Juca Rocha, mestre do Hammon que tocou con Elton Jhon e deixou no disco auténticas xoias.
A Banda de Poi sorprende tanto pola estética musical, unha fusión da sintesis e rock, coma por
cancións como a de Prisciliano e di que é o está enterrado na Catedral de Santiago. A Banda de
Poi foi presentada oficialmente en Novembro do 2005 en Santiago de Compostela na Sala Capitol
e en Portugal no festival internacional de Vilar de Mouros.
Tonhito de Poi recibe esta vez a chamada do instinto, atraca a porto A Banda de Poi e monta a
“manada” Rasa Loba, formación contundente e precisa de guitarras, baixo e batería. Nesta nova
aventura os Rasa Loba só precisan dun enchufe para tocar e fano practicamente tódolos días do
verán do 2007. As letras exploran na natureza humana. Sacan un disco chamado Instinto
Tonhito de Poi tamén é un lobo solitarios: adoita percorrer cafe-teatros de toda Galicia cun formato
acústico bautizado como “Vestido perdo moito” ou “A Pelo”. Un espectáculo inspirado no epitafio:
Nada trouxen, nada levo, nada perdín. Onde tenta resolver canción a canción cal é o sentido da
vida e convencernos de que só o amor é real.
No 2011 Tonhito de Poi estreou unha nova banda e un novo proxecto: Maruja da Cansela, unha
carta de amor escrita por un emigrante galego nos anos 20 que Tonhito de Poi converteu en canción,
e que se presentou como single xunto a un videoclip.
E chegou 2012, o ano da fin do mundo polo calendario maia. Diante desa expectativa, Tonhito de
Poi botou os restos: en marzo os Heredeiros da Crus volveron aos escenarios nunha espectacular
e esperadísima xira logo de oito anos separados. E fixo unha outra viaxe, aínda máis determinante:
viaxou ao máis fondo da selva amazónica para descubrir a Verdade en varias ceremonias da man
do chamán Ramón Peregrino. Unha experiencia que converteu nun libro-disco que se presentará
en decembro na Coruña.

www.tonhitodepoi.eu
facebook.com/tonhitodepoi

Anuncios

TELEPHONES ROUGES DISENSO

DISENSO

1.impulsos                03:36
2.cristal                     03:25
3.vran                       02:28
4.aroa                       04:28
5.descuartizarte         07:37
6.3                            03:24
7.peinados-rebeldes  03:10
8.autopista                 01:29
9.platinium                 03:14
10.siebenundachtzig   04:48
11.eine-kugel              04:58

Chegou a hora de que Telephones Rouges presenten o seu primeiro LP “Disenso” 

“Disenso” está editado polos selo catalán Mama Vynila Records e polo selo galego Matapadre.
  
Gravado en directo por Iñaki Bea e Tomás Ageitos no estudio A Ponte de Compostela en agosto do 2012.
Voces e overdubs gravados no Círculo Polar Estudio de Ogrobe en agosto de 2012.
Mesturado no Círculo Polar Estudio por Matías Unruh e Iñaki Bea en agosto do 2012.
Masterizado por Pancho Suárez e Iñaki Bea nos estudios Planta Sónica de Vigo en setembro do 2012.

A súa música é unha humilde forma de rebelión sonora nos tempos crudos que corren. Precísase máis que nunca de manifestacións artísticas contestatarias de todo tipo. 

  Todas as cancións compostas por Telephones Rouges.

Foso Común: percusión e berros
Alitos: baixo, guitarra e berros
Matitas Auch: guitarra, baixo e berros
Rubena: guitarra, teclado e berros

 Desde o 5 de novembro de 2012, data da súa publicación, xa o podes descargar libremente podes descargar o álbum gratis ou polo prezo que consideres. Síntete libre de decidir!, ,e tamén mercalo a través dos selos Mama Vynila Records e Matapadre. Tamén podes facer a compra desde o seu bandcamp.

www.mamavynilarecords.com
www.matapadre.es
http://telephonesrouges.bandcamp.com/.

O grupo está moi contento co resultado da produción, xa que reflicte a esencia do son do grupo mellor que nunca.


Artwork: Begoña García-Alén

www.bgarciaalen.com


Producido por Telephones Rouges e Iñaki Bea.

Este disco está editado baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA

CORRICAN E O TITULO DO DISCO DE MAGHUA

Corricán” (ou curricán) é unha arte de pesca respectuosa co meio. Consiste en empregar canas, ou varas con liñas e anzois para ir apañando as pezas dunha nunha. Peixe azul…
Deste xeito Maghúa botou o anzol às pezas que conforman esta mostra. Unha a unha foron caindo nos distintos caladoiros do País, e mesmo fóra da raia “administrativa”.
Unha selección do traballo realizado por Maghúa desde o ano 2006. Non podía coller todo nesta lata, obviamente, porén as pezas descartadas atoparán acomodo no futuro…. 
 
Maghúa son un grupo de mozos afincados na vila d’A Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País.
Botan-se à auga en decembro de 2006 como grupo de cantareiros. Voz, pele e madeira.
O termo “manjúa”, empregado tradicionalmente na costa do Cantábrico para denominar un banco de peixe azul (sardiña, bocarte, xarda…), segue a ser utilizado en distintas zonas do País co mesmo significado baixo a forma “maghúa”…
Fuxindo de prexuízos de curte machista, optan por seren unha banda formada unicamente por homes. Reivindican o espazo da voz masculina na música tradicional da Galiza.
Son peixe de tasca. O seu meio natural son os locais pequenos, porén non teñen medo dos grandes espazos. Música para bailar (solto e agarrado), tradición (a base é o traballo de campo) e boa festa!

FAMILIA CAAMAGNO SACA O SEU DISCO FAMILIA CAAMAGNO

Podedes escoitar e descargar o disco de Familia Caamagno do seubandcamp premendo eiqui

Os temas incluidos neste primeiro traballo discografico son:

O ritmo da caverna
Fodin cos pes no rio
Non volvas mías
Ringo Starr
Perdoa
Se maña chove

Este disco foi gravado e mesturado nos estudos Rapapoulo en abril do 2012. E masterizado por Abrigueiro Estudios.

Familia Caamagno son:

Toni Caamagno bateria e coros
Lano Caamagno Guitarra baixa
Francesco Caamagno Guitarra de ritmo e coros
Jess Caamagno Guitarra de punteo
Manuele Caamagno  Voz e saxofón

CONTRATACION e CONTACTO 
629 041 750 ou 
familia caamagno@gmail.com

ABOBRIGA "FOLIADA DE BAIONA"

1. Pasodobre dos compañeiros
2. Foliada de Baiona
3. Rumba da Balsa e muiñeira das entretelas
4. Pichondobre
5. Pintinhos no terreiro
6. Muiñeira de Baiona
7. Pasacorredoiras de Abóbriga
8. Danza das espadas
9. Foliada de Velle
10. Ximauma
11. Muiñeira do deprimido
12. Tres cantos
13. Rumbóbriga
14. Pasodobre do Punta Balea
15. Foliada da señora Xoana
16. Matache o porco

O disco conta con 16 temas onde ofrecen una mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propios coma o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares coma a “Foliada de Baiona” ou a “Muiñeira de Baiona”, recopiladas da tradición oral. Tamén destacamos a presencia dunha peza inédita, una danza de espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.

Prezo do disco: 10€

Máis información:

www.abobriga.com

Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactamos con varios músicos para facer unha colaboracion nunhas actuacions informais, e tanto gustou o resultado que decidimos formalizar o grupo.

Durante o noso pequeno tempo de vida demos diversas actuacións: Furancho Malaherba (Matamá), Furancho da Balsa (Matamá), Sala Clandestino (Ramallosa), Sala Farandula (Vigo) para a caravana solidaria “Galicia non se vende”, Festa do marisco 2010 de Vigo, actividades culturais do BaiVerán 2009 e 2010 de Baiona na Praza do Concello…

O noso repertorio é amplo tanto en pezas tradicionais coma de “cosecha propia”. Temos tamén cancións nas que colaboran coa súa voz as rapazas de “Grialia”.O nome do grupo, “Abóbriga”, provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a nosa agrupación, a actual Baiona.

ONCE BADALADAS ALVARIZA

Fruto das súas recolleitas de campo o grupo Alvariza acaba de publicar o seu disco Once Badaladas que estes días están a presentar polo pais e medios de comunicación. Como o dia 29 no programa Lume na Palleira  da RTVG presentado por Emilio Españadero.

Para mais info Alvariza 

FESTICULTORES TROUPE sacou o seu disco OS SADOMUSIQUISTAS

Unha festa dolorosamente pracenteira

O sadomusiquismo chega cargado cun tsunami de endorfinas para liberar os cerebros e espallar unha revolución de doloroso pracer. Así o explica a primeira canción deste disco, interpretada por uns músicos posuídos pola desinhibición, o sadismo, o musiquismo e calquera outra perversión. O obxectivo é que os corpos entren en erupción e rebenten as pistas con bailes a base de movementos pélvicos e convulsións.

Completan esta orxía musical outros nove temas. Algúns recollen propostas posturais impensables conseguidas a base de moitas horas de ensaio, como é o caso de “Contorsionista”. Outros veñen en son de festa para sodomizar, como “Feromonas”. “Árbol caído” fala do Planeta Azul, onde todo o mundo se levanta “enviagrado” de emoción. E pecha o disco “O baile musiquista” que mestura movementos rexoubeiros con azoutas, beliscos e dentadas.

Para os insaciables o disco contén catro lategazos extras que inclúen grandes éxitos anteriores da banda, entre eles “Sexo oral” e “A Kabra Makabra”. O conxunto está dedicado a todos os torturadores e torturadoras do mundo e a todos os lugares sodomizados da terra.

Os Sadomusiquistas son:
Gustavo Agasi “O pellizcos” (batería)
Anxelo de Xermar “Torturillas” (baixo e coros)
Xiñor Tonichi “O Tortas” (guitarra e coros)
Nico “O Cachelitos” (saxo e acordeón)
Iago “Mordisquitos” (trompeta e coros)
Carlos Alberto “O Traidor (??)
Emilio Oro “O Mamador Líder” (voz e teclados)
Coa colaboración especial de Marta González Nocelo “Madame” (coros)

Gravado e mesturado por Tomás Ageitos na Ponte en xaneiro e febreiro de 2012.
Con ilustracións de Xurxo Seara.

 Puntos de venda do disco en formato CD, son os seguintes:

  • Fandiño Tapas (Allariz)
  • Orballo (Allariz)
  • FEITO PRAZA (Xinzo de Limia)
  • Auriense (Ourense)
  • Peggy Records (Ourense)
  • Disco Precio Santiago
  • Disco Fans (Santiago)
  • Discovery Music (A Coruña)
  • Discos Nonis (A Coruña)
  • M 4 DISCOS (Ferrol)
  • ELEPE (Vigo)
  • Honky Tonk (Vigo)
  • Tendas Tipo Vigo
  • Inquedanzas (Vigo)
  • Pontevedra O Lusco Fusco
  • Discotasca (Redondela)
  • Marrucho (Baiona)
  • Don Disco (Lugo)

Os Sadomusiquistas

Sadomusiquismo

Sadomusiquismo
Realismo ou ficción
Sadomusiquismo
Entramos en acción
Sadomusiquismo
Realismo ou ficción
Doloroso pracer
Trae a nosa revolución

Os sadomusiquistas
Hoxe a vimos a liar
Estade preparados
Porque a terra vai temblar

Un tsunami de endorfinas
Axuda nesta ocasión
E o cerebro inundado
Cederá a liberación

Se queres gozar
Non te quedes a mirar
Busca unha parexa
E comézate a rozar

Non somos terroristas
Nin somos vandalistas
Estamos preparados
Para rebentar as pistas

Sadomusiquismo​

Realismo ou ficción
Sadomusiquismo
Entramos en acción
Sadomusiquismo
Realismo ou ficción
Doloroso pracer
Trae a nosa revolución​

Estamos poseídos
Pola deshinibición
O sadismo, o musiquismo
E calquera perversión

Os corpos liberados
Entrarán en erupción
E en todo o epicentro
Notarase a tensión

O movemento pélvico
E as súas convulsións
Son os protagonistas
Do baile desta canción

A orxía musical
Xa non se pode parar
E nun cuarto escuro
A deberiamos rematar

Sadomusiquismo…

Beberei toda a noite

Ei Antonio
Unha de estramonio

E beberei beberei toda a noite
E beberei toda a noite sen parar
E beberei beberei toda a noite
E bebereime esta noite todo o bar​

Esta noite eu voume de aventura
Esta noite si que a vou a liar
Esta noite domíname a loucura
E non sei como pode rematar

E beberei beberei toda a noite…

Se queres vir hoxe comigo
Pensa ben si aguantarás
Todos seremos amigos
É etílica será a felicidá

E beberei beberei toda a noite…

Por eso levo tanga de cores
Por si algunha non ten piedá
Levo afeitados los cojones
Por si algunha lle da por chupar

E beberei beberei toda a noite…

Eu son virxen

Non sei se teño o karma alborotado
Non sei se o meu ADN se mutou
Non sei se é que non estou ben dotado
Non sei se é por causa do meu mal olor

​​

Porque eu son virxen
Virxen
Virxen
Virxen a Virxen
Virxeeeeeeeen
Ja Ja!

E vivo moi feliz no meu estado
Orgulloso da miña condición
A luxuria do meu invertebrado
Non é santo da miña devoción

Porque eu son Virxen…

A min non me reconstruirán o himen
Nunca serei un exaculador precoz
Nunca saberei o que é un gatillazo
Nin o que é comportarse coma un León

Porque eu son Virxen…

E vivo a vida predestinado
Sei que son o elixido do Señor
Levo toda a vida super excitado
Son un exemplo para a civilización

​Porque eu son Virxen…

Contorsionista

Eu tiña un reto moi grande
Era o reto da miña vida
20 anos entrenando
Sen descanso día a día
Ás veces me lesionaba
E o reto se resistía
Pero con sacrificio
Sabía que o conseguiría

Se queres alcanzar
O que cres imposible
Se o queres de verdá
O conseguirás
No camiño terás
Momentos moi difíciles
Pero o final verás
Que se compensará
O reto era unha obsesión
Que me consumía
Quería ser de goma
Non era nigunha broma
Sabía que estirando
E estirando chegaría
E ese día ó conseguilo
A miña vida cambiaría

Se queres alcanzar
O que cres imposible
Se o queres de verdá
O conseguirás
No camiño terás
Momentos moi difíciles
Pero ó final verás
Que se compensará
Eu teño un amor propio
non se ve tódolos días
Son o rei da contorsión
E ámome con malicia
Non é unha perversión
Cumprir unha fantasía
Se che deixa agustito
E relaxado todo o día

Feromonas

Non sei que e o que pasa
Esto é paranormal
Invasión de feromonas
No ambiente do lugar

Feromonas ardentes
Excitando o persoal
Nos sei que e o que pasa
A xente ponse a cantar.

Lara la la
Lere le le
Somos sadomusiquistas
Sufrimos para gozar
Lara la la
Lere le le
Vimos en son de Festa
Para sodomizar

Non te intentes resistir
Porque estás rodeado
E en cuestión de segundos
Estarás descontrolado

Feromonas radioactivas
Radiación nuclear
Te convertirán
Nun taladrado sexual

Lara la la…

Esto non ten cura
Non ten solución
ó chegar as feromonas
Comeza a revolución

Síndrome de obscenidade
Entrará en acción
E a sangue evaporada
E unha clara reacción

Feromonas despiadadas
Invaden descontroladas
Se apoderan das conciencias
E as deixan liberadas

​A tribu

Se toda a tribu baila
A noite vai ser larga
Se toda a tribu berra
Hoxe daremos guerra
Se toda a tribu ríe
Que o goberno desconfíe
Porque estase preparando
A revolución mundial

Se toda a tribu brinda
Nin Dios hai quen se rinda
Se toda a tribu salta
O temor lles asalta
Se a tribu di non buana
Fumemos marihuana
Porque estase preparando
A revolución mundial

Se toda a tribu canta
Contenta se levanta
Se toda a tribu quenta
Sen medo se enfrenta
Se a tribu se contaxia
hoxe faremos maxia
Porque estase preparando
A revolución mundial

Se toda a tribu pensa
A loita será intensa
Se toda a tribu esperta
Estemos en alerta
Se a tribu se resiste
Xoguemos ó despiste
Porque estase preparando
A revolución Mundial

A tribu baila, a tribu ríe
A tribu quere que o goberno desconfíe
A tribu canta, a tribu salta
A tribu sabe que o temor lles asalta
A tribu quenta, A tribu pensa
A tribu sabe que a loita será intensa
A tribu brinda, A tribu entrena
A tribu esperta o mundo está en alerta

Tenias dietéticas

Vouvos contar
A solución final
A vida nunca
Volverá a ser moi light

Merca unha tenia
E cómea
Merca unha tenia
E aliméntaa

Serás feliz
Cunha tenia dietética
as comidas serán eternas
E para ti non terán fin
Serás o rei
De toda festa gastronómica
Cada comida será histórica
E por fin serás feliz

Quero comer
E devorar
Tódalas clases de graxas dos animais
Quero cebar
E atiborrar
A mascotiña que todo dixerirá

Eu o que quero
É ser feliz
Eu o que quero
É ser feliz

Son as tenias dietéticas
As que coidan da túa estética
Son un remedio natural,
Intestinal, paranormal
A vez que excepcional

​Son o exterminio
De todo sacrificio
antinatural

E comeremos chocolate
Esto vai ser impresionante
Extrafino con galletas
En turrón con almendras
E por todas partes

A vida é máis emocionante
Se cunha tenia a compartes
A nada renunciarás

Serás feliz…


Sexo oral

Mr Razinger Z
A autoridade máis alternativa do Vaticano
Ten o pracer de recomendarlles o uso dunha técnica
Maxilofacial sensual e moi divertida
A tamén chamada técnica benedictina
A correcta posta en práctica desta técnica
Fai alcanzar un estado de excitación espiritual tan
Grande que só é comparable ó vivido pola Virxe María na súa
Concepción polo Espírito Santo

Unha festa é total
Se remata en sexo oral
Unha festa é total
Se remata en sexo oral​

​​

Se queres poñerte a cen
Hai que practica-lo ben
Se queres poñerte a cen
Hai que practica-lo ben

Unha festa é total…​

Se queres poñerte a cen…​

​​

Unha festa é total…

Esta festa é total
Rematará en sexo oral
Esta festa é total
Rematará en sexo oral

MEDOMEDA MELLORANDO PA PEOR

Con este primeiro e agardado disco de 12 temas, tódolos, e sobor de todo, tódalas seguidoras  dos MEDOMEDA poden oir os seus exitos na casiña, no coche ou arrancando patacas por exemplo.

A verdade e que xa paracía inconcebibel que un grupo con tantos siareiros non tivese ainda un disco na rúa. Os temas son de todos conocidos ainda que con novas mezclas, así podemos escoitar titulos que todos tarareamos nos concertos señora especuladora, , un polvo botabao, quero ver como te ris….

Podédelo mercar en : http://www.oplup.com/gal/shop/mellorando-para-peor/
Páxina Web: http://www.medomeda.com
MySpace: http://www.myspace.com/medomeda

“Mellorando pa peor” (2012)

1- Intro
2- Sr./Sra. Especulador/a
3- Hotel Casalonga
4- Xuro que o deixo
5- Practicante Ocasional
6- Un polvo Botábao
7- Vas de guai e non chegas a chachi
8- Pon o que queiras ( que total voucho sacar)
9- Fillo de Cura
10- Felicidade
11- Verano
12- Quero ver como te ris
13- Tú y tu tutú

 COMPOÑENTES DO GRUPO:
Markinhos   Voz, coros e guitarra rítimca
Pais             Guitarra solista, acústica, voz e coros
Arturo         Batería, percusión e coros
Pat              Baixo e coros

BALAKANDRA PRESENTANOS O SEU DISCO OMONIMO

 Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina.
A súa música: Dificil sería poner una etiqueta ó que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ó público nesta fermosa viaxe.

PODEDES ESCOITAR OS SEUS TEMAS NA SUA PAXINA BALAKANDRA

MAR MAIOR NOVO DISCO DE LUAR NA LUBRE

O grupo galego de folk Luar na Lubre presentou o seu novo traballo, «Mar Maior», disco no que se estrea como vocalista Paula Rei. Para este traballo  a banda elaborou unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.
O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.
  O disco, editado por Warner, saiu á venda o 5 de xuño de 2012 celebrando así tamén os 25 anos de éxitos  no folk galego.